Friday 17 de May de 2024

Reparto de mascaras sanitarias nos colexios do municipio


Esta mañá, o alcalde de Malpica, Walter Pardo, e o concelleiro de Promoción Económica e Benestar, Sergio García, acudiron aos centros educatuivos do municipio para facer o reparto de material de seguridade coincidindo co novo inicio do curso escolar para Infantil e Primaria.

Trátase de lotes de máscaras sanitarias e difusores de xel hidroalcólico, para que as rapazas e rapaces vexan garantida a súa seguridade.

O rexedor malpicán quixo trasladarlle ánimos ‘tanto aos pequenos como ás familias por este novo curso que comeza. Sabemos que é unha época incerta pero estaremos de seu lado para garantir a súa seguridade, cen por cen’, asegurou o primeiro edil.